O seguinte que estudaremos serán os sistemas e soportes de escritura pero para iso é necesario que antes falemos un pouco na aula de pictogramas, ideogramas, alfabetos, papiros, pergaminos..
  Ata entón, os que xa tedes feitos o primeiro e o segundo traballo (felicidades, sodes os máis rápidos) podedes facer este pequeno traballiño de "transición" mentres os vosos compañeiros rematan o seu primeiro e/ou segundo "pequeno" traballo.
  Este traballo é ben sinxelo e ben bonito. Trataríase simplemente de buscar información e falarnos a todos un pouco de algún destes personaxes mitolóxicos:
  1. Medusa.
  2. Pegaso.
  3. Dédalo e Ícaro.
  4. Amazonas.
  5. Centauros.
  6. Minotauro.
  7. Can Cerbeiro.
  8. Sátiros.
  9. Caronte.
  10. Amaltea.
  11. Narciso.
  12. Cipariso.
  13. Xacinto.
  Como sempre:
  - Deixa un comentario para dicir que mito vas a describir...
  - Busca algunha foto relacionado co personaxe preferido...
  - Emprega "links" para remitir aos lectores do blog ás páxinas onde poden completar a súa información...
  - Resume, sintetiza...e, por certo, se deixas escapar unha migalla de sentido de humor e orixinalidade non contará negativo.
Nota bene.- De momento non hai data para este traballo. Primeiro ide rematando os dous primeiros...
¡¡XA VERÁS COMO A MITOLOXÍA ESTÁ CHEA DE PERSONAXES CURIOSOS!!
6 comentarios:
yo qiero a medusa ;P;P
yo qiero a amaltea;P
Eu collo a pegaso
eu pídome o sátiro ^.^
yo escojo a caronte
yo cojo a amazonas
Publicar un comentario