miércoles, 13 de octubre de 2010

3º cultura clásica/1 º bach: unha idea....

Como a anterior publicación fixo xurdir algunha dúbida e algún desacougo vou tentar organizar isto un pouco mellor. Resulta que tanto os de primeiro de bacharelato de humanidades como os de cultura clásica estades a traballar na mesma tarefa: descrición dunha lingua indoeuropea (o indoeuropeo e as linguas indoeuropeas é o primeiro tema do temario tanto de 1º bach. como de cultura clásica, aínda que, naturalmente, o nivel de profundidade é distinto).

Ocórreseme que podería ser unha boa idea unir forzas e facelo conxuntamente. Todos (bach. e cultura clásica) podedes escribir nun comentario na anterior entrada a lingua que ides estudar e así, entre todos, cubriremos unha boa parte do mapa lingüístico indoeuropeo. Por certo, Debora e Yovanna xa se vos adiantaron, así que o italiano xa está pillado...je,je,je...

Por outra banda, sería un bo xeito de incentivar a vosa colaboración: penso que sería ben interesante que viaxásemos conxuntamente ao mundo clásico e que os de primeiro leades aos de 3º e viceversa, que vos fagades comentarios (sempre respectuosos por favor; non quero ser pesado pero repito que se alguén infrinxe esta norma quedará inmediatamente "fóra de xogo"...)...

O que será diferente será a DATA LÍMITE de publicación:
- Os de cultura clásica tedes ata o martes que vén, incluído (dúas sesións máis de clase creo que son suficientes, sobre todo, tendo en conta que os que aproveitaron o tempo xa puideron comezar na sesión anterior...).
- Os de 1º de bach. tedes ata o vindeiro venres (día 22) porque comezamos máis tarde co blog e non vos podo deixar tanto tempo para traballar na aula de informática.
Manteño todo o demais que digo aquí abaixo:
- Todas as entradas teñen que ter, como mínimo, unha foto.
- Todas as entradas teñen que ter, como mínimo, un "link".
- E sede curiosos...¡¡Tedes moito onde escoller!!: polaco, irlandés, escocés, bretón, danés, alemán, lituano, búlgaro, ruso...
¿FACÉMOLO ASÍ?
¡¡SORTIÑA!!


2 comentarios:

Nerea Pena dijo...

Empece a trabajar algo con el ingles si os parece =)

Daniel Lagoa dijo...

De acuerdo, el inglés es tuyo, Nerea...Esperamos esa entrada. No olvides incluir una foto y un link: ¿ya tienes claro lo que es un link? Si tienes algún problema, no te preocupes...Ya iremos aprendiendo poco a poco. De todos modos, es bastante fácil. ¿Has visto lo bien que le ha quedado a Sergio su entrada sobre las sirenas?
BUENA SUERTE. ¡¡¡MUCHO ÁNIMO!!