lunes, 18 de octubre de 2010

3º ESO: Estado actual dos traballos...

Velaquí vai un resumo do estado actual dos vosos traballos (ou polo menos é a información da que eu dispoño; se hai algún erro non tedes máis que dicirmo...). Para que vexades que aquí ninguén se escapa...
- Débora: xa publicou o seu primeiro "pequeno" traballo sobre o italiano. Pode empezar co segundo "pequeno" traballo....
- Yovanna: falounos do francés. ¡Bo traballo, Yovanna! Tamén ti podes empezar co segundo "pequeno" traballo...


- Manuel e Raúl: falarán do alemán...pero...¿dúas persoas, dous traballos (coma Yovanna e Débora)? ¿non?


- Daniel: falará do portugués...¡Ánimo, Daniel!


- Luis e Pedro: escolleron o lituano e o ruso...Felicítovos por ser atrevidos e ter escollido dúas linguas un pouquiño máis distantes...polo menos xeográficamente...¡Agardamos esas entradas!


- Heitor: está traballando sobre as linguas celtas...Ao final a túa entrada si que aparece no archivo do blog, Heitor; polo tanto, só tes que subir unha foto, facer o do link...e ¡voilá! Traballo rematado.


- Mishell: está traballando sobre o lituano. Como ves Luis e Pedro tamén están interesados nesta lingua, Mishell, pero non te preocupes...Deste xeito, ¡¡todos aprenderemos máis sobre esta lingua!!


- Tamara: ¿de que nos vas falar, Tamara? Deixa por aquí un comentario coa lingua que vas escoller...


- Francisco: crear a conta gmail dounos ben traballo pero agora iso xa está resolto, así que...¡a traballar, Francisco! Deixa por aquí abaixo nun comentario a lingua que describirás...


- Paula: como estivo un día enferma...aínda está creando a conta gmail...Non te preocupes, Paula. Axudareite eu un pouco e xa verás como pronto recuperas o ritmo dos teus compañeiros...


- David: ¿que lingua describirás, David?




De momento isto vai bastante ben, así que seguide así e...


¡¡TRABALLADE MOITO!!



2 comentarios:

tamara dijo...

euu falareii do catalan

francisco perez dijo...

Francisco yo hablare de el idioma checo.