viernes, 15 de octubre de 2010

Unha posibilidade: viaxe a Grecia. [PARA BACHARELATO].


Como ben indica o título da entrada é só unha posibilidade...Depende de moitas cousas: unha actividade e, sobre todo, unha actividade coma esta nin pode nin pretende ser cousa dun só profesor. En primeiro lugar, a actividade terá que pasar os filtros habituais: ser aprobada polo consello escolar e demais... E, sobre todo, ten que ser do voso interés e ser compatible co bo aproveitamento do curso, que despois de todo é do que se trata. Isto último é moi importante. Ben sei que, sobre todo os de primeiro, xa tedes moitas viaxes (intercambio en Francia, viaxe de fin de curso)...Así que, simplemente, pensádeo e tede a seguridade de que non vai pasar nada se non imos. Como sabedes, o departamento de latín e grego ten previstas outras actividades das que xa tedes noticia e que irei concretando a medida que se vaian confirmando detalles que aínda non o están: visita ao Lugo romano, teatro grecolatino, participación no concurso on-line Odisea...Vaia isto por diante.
A actividade está organizada pola delegación galega da SEEC. Xa teñen organizado outras viaxes de este tipo e o resultado sempre foi bo. Sei ben que no que deles dependa estaremos "ben acompañados".
Velaquí vai a información da que dispoño polo momento.
DATAS: do 5 ao 12 de marzo. Como falamos e como vexo e podedes ver no "calendario escolar" 0 7, 8 e 9 son as vacacións de entroido, así que só se perderían dous días lectivos (xoves 10 e venres 11). Nese mesmo calendario vexo que a avaliación de segundo de bacharelato é o 2 de marzo e a entrega de notas o 4 de marzo, así que supoño que, en principio, colleríavos coa avaliación rematada. Pola contra, a avaliación de 1º de bacharelato é o 23 de marzo (a entrega de notas o 28). Así que as datas viríanvos peor. Tede en conta estas cousas antes de tomar a vosa decisión.
ITINERARIO: Atenas, Epidauro, Micenas, Tirinto, Olimpia/Meteora, Delfos.
PREZO: Supoño que o gran problema é o do PREZO; nada máis vos podo dicir polo momento. Pero ao mellor non imos mal encamiñados se nos fixamos no precio da última viaxe a Grecia organizada pola SEEC no 2009 (podedes velo aquí; xa vos adianto que foran 700 euros); o presuposto da viaxe a Italia no 2010 podedes velo aquí (foran 690 euros). Así que...ao mellor por aí anda a cousa. Non sei como se lle sentará a crise a isto das viaxes culturais...Como vos dixen, se finalmente decidimos seguir adiante co proxecto, o departamento de latín e grego está disposto a implicarse e COLABORAR (supoño que a estas alturas xa todo o mundo coñecerá o significado de esta palabra que tanto aparece neste blog...) na realización de actividades para tratar de abaratar un pouco o prezo.
Pode ser do voso interese:
- Unha crónica da viaxe a Italia realizada pola SEEC no ano 2010.
- Unha crónica da viaxe a Grecia realizada pola SEEC no ano 2009.
- Unha rapaza de Ferrol fala da súa viaxe a Grecia.
- E a "profe" dixo...
Nota bene.- O prazo de preinscrición na actividade vai dende o 18 de outubro ao 15 de novembro. Por outros anos sei que a demanda adoita ser grande e o criterio de aceptación será a orde inscrición. Con todo, tampouco cómpre tomar unha decisión apresurada. Pensádeo, faládeo cos vosos pais...Eu, pola miña parte, tratarei de obter mellor información sobre o prezo e, se a actividade e do voso interese, poreina en coñecemento dos vosos profesores e titores para coñecer tamén a súa opinión.






2 comentarios:

Nerea Pena dijo...

Creo que es una oportunidad que no podemos dejar escapar o eso creo y no se se me ocurren muchas cosas para intentar sacar una parte de el dinero para no tener que pagar una cifra tan importante y menos en estos tiempos que las cosas estan mal.No se como lo veis vosotros chicos pero si vamos a ir necesitamos empezar a recaudar dinero ya no?

Matapríncipes dijo...

Vayamos por partes...
Primero, yo creo que el factor interés está largamente conseguido. Por lo menos por la parte de los alumnos de 2º BAC. (¡Sí, una inmensa mayoría, lo sé, lo sé!). Porque bueno, es de esta clase de viajes que si te lo ofrecen, no te puedes negar.
Segundo, a mí la época... me viene bien. Yo me siento capaz de llevar el viaje y los estudios, sobre todo cuando hablamos de perder sólo dos días de clase.
Tercero, y el tema que para mí es un poco más crucial es el dinero. Rah, 700 euros... Hum. Es que son 700 euros, claro que si decidimos pronto a ir (y viendo que contamos con la colaboración del departamento de latín) hay tiempo para ganarse algo que abarate el viaje. Sólo si tenemos iniciativa, claro, que el dinero no te va persiguiendo por la calle. Pero eso es custión de ponerse.


PD: Soy Sabrina, por cierto... por si quedaba la duda xD