miércoles, 20 de octubre de 2010

3 ESO: SEGUNDO "PEQUENO" TRABALLO.


Como xa CASE todos tedes primeiro "pequeno" traballo rematado (¿verdade que non foi tan difícil?) velaquí vai o segundo, que tamén vai ser moi doado.

Tedes que responder as preguntas que tedes no voso correo: escribides as respostas (é un documento de word, así que en principio podedes traballar nel sen ningún problema), poñedes o voso nome (esquecín deixarvos sitio pero podedes poñelo vós ao comezo ou ao final do documento) e enviades as actividades ao correo electrónico dende o que está enviado o formulario, é dicir, alasdesirena@gmail.com

Para axudarvos podedes botar man da presentación en powerpoint que tedes aquí abaixo (é a mesma que estiveramos vendo na aula e que ao final non rematáramos).


PLAN B.

- ¿Non podes ver a presentación? (É o máis probable no instituto...). Non vos preocupedes. Tedes a mesma presentación no que a partir de agora será o voso wiki.

- Como ves aí tamén tes uns sinxelos apuntamentos nun documento de word. Tamén poder botar man deles para facer as actividades, se o prefires.

- Están asimesmo as actividades (por se alguén non as ten no correo).

- E xa vedes que tamén están os vosos traballos en alasdesirena (¡¡menos os que aínda faltan por publicar!!)...
DATA LÍMITE.
A data límite para este traballo é xoves da semana que vén (é dicir, xoves 21) pero tede en conta que para a vindeira semana non viremos á aula de informática, así que quen non o remate hoxe terá que facelo pola súa conta. Non vale a escusa de que non tedes internet: podedes levar os materiais (actividades, apuntamentos, presentacións...) no voso "pendrive", facer as tarefas na casa e envialas ao meu correo en calquera recreo.
¡¡MOITO ÁNIMO!!

No hay comentarios: