domingo, 3 de octubre de 2010

3ºESO: CULTURA CLÁSICA. BENVIDOS...

Sodes moi benvidos a este blog:
Yovanna David Luis Pedro

Francisco Debora Heitor Daniel

Manuel Raúl Paula Tamara Mishell
Como dixemos na aula, este ano adicarémonos a estudar os aspectos máis diversos do mundo clásico, do mundo grego e romano. Un pouquiño de latín, un poquiño de grego antigo, algo de historia e civilización e, sobre todo, moita mitoloxía...Falaremos de deuses e deusas, dos seus amores e das súas aventuras e desventuras e tamén da influencia da mitoloxía grecolatina na pintura, na escultura e na literatura de Europa.
Para adentrarnos nese apaixoante mundo que é a Antigüidade os ordeadores ofrécennos unha serie de instrumentos que nos van axudar a que esa viaxe cara o pasado sexa máis agradable e amena...¿Ou crías que os de cultura clásica non nos apuntabamos ás novas tecnoloxías? Pois craro que si.
ALAS DE SIRENA: O VOSO BLOG.
Este blog será o voso blog e poderedes entrar e escribir nel sempre e onde queirades: non só nas horas de cultura clásica senón tamén nos recreos, nas horas libres, no instituto, na casa da cultura... Sempre que teñades unha conexión a Internet e ganas de contactar co mundo clásico. Haberá algúns traballos "obrigatorios" pero o ideal sería que viñeses ao blog cando vexas ou leas algo relacionado co mundo clásico (nun xornal, nunha revista, na televisión...) sobre o que che apeteza escribir. ¡¡¡Compárteo!!! Seguro que os teus compañeiros, os seguidores deste blog e eu mesmo estaremos encantados de lerche e facerche comentarios. Só hai un par de límites:

1. O que escribas ten que estar máis ou menos relacionado co mundo clásico: historia, arte, arqueoloxía, mitoloxía...¡¡Tamén poden ser cousas máis sinxelas!! Por exemplo, unha canción do teu grupo favorito no que se faga alusión a algún mito, un cartel de algunha empresa cunha expresión en latín...
2. Moi importante. Teredes que respectarvos uns aos outros: polo tanto quedan totalmente prohibidos os comentarios ofensivos. Aquela persoa que incumpra esta norma queda inmediatamente "fóra de xogo".
3. Neste medio, como en calquera outro, hai que ter coidado coa expresión (dividide en parágrafos os vosos textos, empregade puntos e comas...) e coa ortografía (tranquilos, non serei moi duro...posto que estamos aquí para aprender pero...¡¡tede coidado!!).
Velaquí van algunhas cousiñas para que vaiades fedellando.

1. BLOGS.
- Tras las huellas de los dioses.- Un magnífico blog sobre mitoloxía polo que van desfilando deuses e deusas, heroes...para pracer de todos os que disfrutamos con estas cousas. Mariel ademais enriquece os mitos cunha exquisita redacción e unha gracia na exposición á que é imposible non engancharse. E o mellor de todo: Mariel, responsable do blog, non é unha profesora nin unha escritora profesional senón unha estudante de instituto, pouco maior ca vós. Este blog recibiu hai un par de cursos o "Premio centauro de ouro" ao mellor blog de temática clásica creado e mantido por un alumno. Se te animas a lelo e seguilo, entederás o merecidísimo que foi o galardón.

- Hijos de marte.- Da mesma autora pero esta vez adicado ao mundo romano. Iso sí, igualmente recomendable.
- Viam Stratam.- Un blog no que dende hai xa tempo os alumnos de Álvaro investigan sobre todo tipo de temas. O ano pasado o magnífico traballo de estes rapaces de A Estrada foi recoñecido co "Centauro de ouro". ¡Felicidades! ¡Ben o teñen merecido polo seu magnífico traballo!

- Aspasia.- Os alumnos de Melide tamén teñen blog e tamén nos regalan entradas interesantes.
- El taller de Atenea.- Atenea era a deusa das artes e as entradas de este blog benefícianse da protección de esta deusa para acercarse con amenidade ao mundo antigo.
- Secretos de Argos.- Por si alguén dubidaba da pervivencia dos clásicos no mundo actual...

2.- WIKIS.

¿Sabedes que é un wiki? ¿Non? Pois botade un ollo por aquí...
- Secretos de Argos.- Un magnífico dicionario de mitoloxía grecolatina realizado por...¡estudantes de cultura clásica! ¡Exactamente igual ca vós!
- La mirada griega.- ¡Mira que cousa máis curiosa! Se queres aprender o alfabeto grego dun xeito diferente, aquí tes unha boa oportunidade: alfa, beta, gamma, delta...

3.- WEBS CLÁSICAS.

-http://www.culturaclasica.com/: realmente hai moi poucas cousas de cultura clásica que non poidas atopar nesta completísima web.
-http://www.elolimpo.com/: resolve con gran rapidez as túas dudas de mitoloxía. ¿Quen era...Edipo, Teseo, Perseo, Héctor, Aquiles? Pon o nome que buscas no buscador e inmediatamente atoparás unha información crara e concisa.
-http://www.chironweb.org/: hai moi poucas materias que poidan presumir de ter un espazo tan completo como este. Se realmente che interesa o mundo clásico, aquí atoparás case todo o que te podas imaxinar: vídeos, blogs...

4.- E tamén temos...

- Wikipedia en latín: Vicipaedia.
- Google en latín.
- Facebook en latín.
O PRIMEIRO: CREAR UNHA CONTA GMAIL.
Hoxe abonda con que vos adiquedes a remexer un pouco por todos estes novos lugares que oxalá se acaben convertindo en habituais...
E tamén imos dar un primeiro paso na nosa viaxe dixital aos pasado. Un paso pequeno pero moi importante: crear un conta gmail. Isto abrirache un abano amplo de posibilidades e instrumentos: entre outras cousas vaiche permitir ser colaborador deste blog.
Crear un conta Gmail é moi doado:
2. Fas click en Gmail (está na parte superior...).
3. Agora en "crear una cuenta nueva ".
4. Cubre os teus datos (con paciencia: ás veces o teu nome non está dispoñible...).
5. Cando remates xa terás a túa conta GMAIL.
6. Avísame para que che envíe a invitación para colaborar no blog.
De todos os xeitos, se tes algún problema, este vídeo expríca o proceso moi craramente.
¡¡BOA SORTE NESTE CURSO!!
¡¡QUE OS DEUSES VOS SEXAN FAVORABLES!!



18 comentarios:

tamara dijo...

lo que mas me gusta es ver peliculas :)

mishell dijo...

me gusta la miotologia y algo las historia de grecia

heitor dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Daniel Lagoa dijo...

Hola, Tamara. En efecto, una de las cosas que haremos en esta asignatura será ver algunas películas...naturalmente de tema clásico, es decir, sobre historia o mitología grecolatina...Creo que estaría bien una por evaluación. La primera será en diciembre, en esos días previos a la Navidad. Tenemos una "cartelera" bastante amplia: Troya, 300, Ágora, Espartaco, Quo Vadis, Gladiador...¿A ti cuál te aptece más?

Daniel Lagoa dijo...

Hola, Mishell. Este año habrá mucha mitología, habrá amores divinos y heroicos, trágicos desamores, héroes caballerosos y otros que no lo eran tanto, matrimonios, raptos, incestos, asesinatos, venganzas...Además, te/os recuerdo que vosotros tendréis que hacer un trabajo por evaluación y el primero será de tema mitológico...Yo os propondré algunos temas para que vosotros seleccionéis el que más os guste pero, si ya hay algún mito que os guste especialmente, ese podría ser el tema de tu/vuestro trabajo...¿Tienes algún héroe favorito o algún dios preferido?

Daniel Lagoa dijo...

Hola, Heitor. ¡¡Bienvenido a este blog!! Como le decía a Mishell, espero que este año vuestro apetito mitológico quede satisfecho...Tan pronto como acabemos con este par de temas introductorios sobre lenguas y sistemas de escritura empezaremos con dioses y diosas, héroes y heroínas, musas, ninfas, monstruos "monstruosos" como Cerbero, la Hidra, la Esfinge...¡¡Puff, qué miedo!! La verdad es que yo ya estoy deseando que lleguemos a la mitología...
Sobre Grecia evidentemente hablaremos muchííííísimo: dioses, diosas, héroes...pero también historia, civilización, costumbres, literatura, arte...
Espero que te conviertas en un asiduo colaborador de este blog. ¡¡Buen curso, Heitor!!

Daniel Lagoa dijo...

Heitor, intentando borrar un comentario mío borré el tuyo y después me fue imposible recuperarlo. Problemas del click...je,je,je... Me decías: "Me gustan los mitos y todo lo relacionado con Grecia". Mil disculpas.

heitor dijo...

Me gustan los mitos y todo lo relacionado con la Grecia antigua

Debi dijo...

A Debora y a mi (Yovana)nos gusta la mitologia ;););)

vila dijo...

quiero ver peliculas relacionadas con la mitologia griega

Manuel Durán Jeremy Jones dijo...

pdemos ver a pelicula furia de titanes

vespino alx dijo...

me gustaria ver la película furía de titanes, y por los cometarios que aceis me parece que me gustara la mitología, que asta aora la desconocía. Saludos David

Daniel Lagoa dijo...

Gracias, Heitor, por volver a escribir tu comentario. Tengo la sospecha de que vas a ser un gran colaborador de este blog...

Daniel Lagoa dijo...

Hola, Debora y Yovanna. Bienvenidas a la asignatura y a este blog...También a vosotras os deseo que este año disfrutéis mucho con la mitología, con los dioses y los héroes...Nos están esperando Zeus, Posidón, Apolo, Ártemis, Afrodita...y también Ulises, Jasón, Héctor, Aquiles...Buen suerte y buen curso.
Nota bene.- Por cierto, una cosa es que os permita que os sentéis juntas y que me hagáis un solo comentario...pero ¡¡espero que me hagáis dos trabajos!!...¿no? je,je,je...Buena suerte y buen curso.

Daniel Lagoa dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Daniel Lagoa dijo...

Ola, Manuel. Benvido. Como lle dixen a Tamara e como xa vos dixen en clase veremos varias películas ao longo do curso...como mínimo unha por avaliación...Temos moito onde escoller: quo vadis?, Ulises, Espartaco, Alexandre Magno, Ágora, Troya...e tamén Furia de Titanes...Estou pensando que para escoller podemos optar por un sistema democrático: chegado o momento, escribirei unha entrada no blog coa "carteleira clásica" e poderedes votar...A que saia vencedora será a que veremos. ¿Que che parece?
Boa sorte e bo curso.

Daniel Lagoa dijo...

Hola...¿Raúl?...¿David?...¿quién se esconde detrás del poético nombre de Vespino Alx...? Anda, que ya os vale...De no poner el nombre real, por lo menos, hubiese estado bien un nombre histórico o mitológico (Aníbal, Escipión...)...pero ¿¿¿¡¡¡Vespino!!!??? En fin, bienvenido y espero que te guste la mitología...Ah...¡¡¡cuidado con la ortografía!!! En español exite una letra llamada "hache" que no se lee pero que hay que escribir de vez en cuando: por ejemplo, se escriben con hache "hacer", "hasta" y "ahora"...
No os preocupéis: estamos aquí para aprender y una de las cosas en las que esta asignatura os puede ayudar es precisamente la ortografía...pero ¡¡cuidado, por favor!!!

leti :) dijo...

ola! ;) eu son de bac pero comento igual jaja, nada que aver si anos tamen nos pos algunha peli!!^^
que nos somos xente con moita iniciativa e moita gana da aprender, pero tamén de xugar o aforcado(aínda que sexa en grego), de ver películas,, de escoitar cancións en latín nas que parece que te van a matar..!! jaja bueno, que nos tamen queremos pelis!! :P un saúdo