miércoles, 6 de octubre de 2010

PRIMEIRO "PEQUENO" TRABALLO.

O INDOEUROPEO E AS LINGUAS INDOEUROPEAS
Como sabedes, estamos falando na aula do indoeuropeo e as linguas indoeuropeas. Xa sabemos moitas cousas. Por exemplo:
- O indoeuropeo é unha lingua nai da que procedería a importantísima familia das linguas indoeuropeas.
- O indoeuropeo é unha lingua prehistórica, é dicir, da que non quedan testemuños escritos pero que podemos chegar a reconstruír a través da comparación das linguas indoeuropeas históricas. É o chamado MÉTODO COMPARATIVO.
- Ao pobo que falaba esa lingua tamén lle chamamos indoeuropeo. O termo indoeuropeo é un termo convencional, é dicir, realmente non sabemos como se chamaban estas xentes. Decidiuse empregar "indoeuropeo" porque as linguas indoeuropeas ocupaban un espacio xeográfico que ía dende a India ata Europa (India+ Europa= indoeuropeo).
PRIMEIRA ACTIVIDADE: DESCRICIÓN DUNHA LINGUA INDOEUROPEA.
Terás que elixir unha lingua indoeuropea (a que queiras, a que máis che chame atención...) e terás que describila. Podes dicir por exemplo:
- ¿É unha lingua que aínda se fala ou non?
- Se aínda se fala, ¿Cantos falantes ten? ¿Está en risco de extinción ou non?
- ¿En que país ou países se fala? ¿Cal é a súa situación nese(s) territorio(s)? ¿Existen outras linguas cooficiais?
- ¿A que grupo pertence dentro das linguas indoeuropeas (xermánicas, romances, eslavas, bálticas...)?
- ¿Conta cunha importante liteartura ou non? Se a resposta é afirmativa, cita algúns autores e obras representativos...
UNHA PEQUENA AXUDA.
Como sabes, a familia das linguas indoeuropeas é moi ampla, así que tes moito onde escoller. Velaquí van os principais grupos:
1. Grego.
2. Latín (como sabes, do latín veñen as chamadas lingua romances: galego, castelán, catalán, portugués, francés, italiano, occitano, sardo, retorromance).
3. Linguas xermánicas (inglés, alemán, danés, holandés...).
4. Linguas celtas (irlandés, escocés, galés, bretón...).
5. Linguas bálticas (lituano, letón).
6. Linguas eslavas (ruso, bielorruso, polaco, búlgaro...).
7. Outras: albanés, armenio...
ENLACES ÚTILES.

No hay comentarios: