lunes, 18 de octubre de 2010

Novas sobre a "posible" viaxe a Grecia...

Xa tedes na páxina web da delegación galega da SEEC toda a información sobre a viaxe a Grecia. Podedes velo aquí.
Creo que agora sí xa quedan respostadas moitas das preguntas que quedaban pendentes:
- A primeira e máis importante, o PREZO: 711 euros. Xa falamos disto e xa sabedes da dispoñibilidade do departamento de latín e grego para colaborar nas iniciativas que vaian xurdindo. Naturalmente nin me corresponde nin podería asegurarvos a cantidade que podemos chegar a xuntar ata alá e, polo tanto, cal sería o prezo final da viaxe: supoño que entendedes ben que iso depende das vosas actividades e propostas...Xa xurdiron as primeiras: camisetas, establecer un "cota semanal"...Parecen boas ideas. Se finalmente nos decidimos a seguir co proxecto, poderíamos comezar por aí.
-O que está e non está incluído... Como vedes inclúe viaxe en avión, autocar e guía en español polo Peloponeso, hotel en Atenas e no Peloponeso, entradas nos museos...
- As comidas...En Atenas estaría incluído o almorzo-buffet no hotel Stanley (en principio, un hotel de confianza, ata onde eu sei) e no Peloponeso, o almorzo e a cea (se entendo ben). Coincido coa pequena nota aclaratoria que podedes ler na páxina SEEC: en Grecia hai moitos lugares onde se pode comer e cear barato (pizzerías, hamburguesas, kebaps...).


2 comentarios:

leti :) dijo...

Hola Daniel, nada que yo no sé que carai tengo que hacer, porque publiqué la entrada pero en MI tablón... y no sé como publicarla con la de todos! soy un desastre..
:)

sobre Grecia, en una hora volveré a comentar y ya digo fijo si voy, (aunque mañana en clase te lo aclare)
y que si hacemos algo para recolectar dinero creo que no está nada mal. Por cierto: lo de que no se incluye el funicular a Lycanitos.. qué es?
no que es el funicular, sino qué supone el que no lo incluya.. ?



asta luego ^^

Nerea dijo...

daniel yo tambien te lo digo mañana que no se fijo pero supongo que me dejara mañan ya te doy la autorizacion que mi madre dice que elo decia mañana