viernes, 29 de octubre de 2010

OS CENTAUROS


Son unha raza de seres co torso e cabeza humana e o corpo de cabalo. Vivían en terras salvaxes e remotas de Ansalon. Eran fillos de Ixión, rei de Tesalia que tivo a audacia de desexar a Hera, e dunha nube creada por Zeus a imaxe da deusa. Outra versión considéraos fillos de certo Centaurus con eguas magnesianas.

Aliméntanse de carne crúa e cazan as súas presas con paus e pedras. Disfrutan dos praceres da vida como o viño, a comida e a música. Falan un dialecto arcaico, son animistas e lévanse ben cos elfos e cos kerder. Solen ser salvaxes, sin leis nin hospitalidade, escravos das paixóns animais. Dúas excepcións son Folo e Quirón, os cales eran sabios e amables.

As versións femininas reciben o nome de Centáurides, as cales son unha invención do pintor Zeuxis( s.v a.c).

Son moi coñecidos pola loita que mantiveron cos lápitas, provocada polo seu intento de raptar a Hipodamía o día da súa voda con Pirítoo, rei dos lápitas e tamén fillo de Ixión. Esta liorta é unha metáfora do conflito entre os instintos e o comportamento civilizado da humanidade. Teseo, un heroe e fundador de cidades que estaba presente, inclinou a balanza do lado do orde correcto das cousas e axudou a Pirítoo. Os centauros fuxiron.

Tamén son coñecidos por cando o centauro Neso intentou violar a Deyanira, muller de Heracles, quen lle cravou unha frecha. Antes de morrer, Neso convenceu a Deyanira de que recollese a súa sangue e a usase como filtro de amor. Convencida ofreceulle unha túnica tinguida coa sangue do centauro a Heracles. Cando a puxo, pegóuselle ao corpo producíndolle importantes queimaduras que o levaron ao suicidio.

Estes son dous exemplos que fan coñecidos os centauros, quedando así reflexados na literatura, na pintura e incluso no cine.

2 comentarios:

Pedro Buján dijo...

Aquí queda o meu pequeno traballo sobre os centauros. Espero que vos guste xa que nel se narran dúas breves historias moi interesantes.

Daniel Lagoa dijo...

¡¡Fantástico traballo!! É unha síntese moi boa: está ben descrito o aspecto físico dos centauros (torso e cabeza humana / corpo de cabalo), o seu carácter (salvaxes, pouco hospitalarios, vítimas dos instintos...), as principais aventuras que protagonizan (as loitas contra os lapitas, a historia de Neso...)...
¡¡Moi ben, Pedro!! ¿Ves como non é tan difícil?
Por outra banda, malia o teu "escepticismo" inicial...es dos poucos que xa teñen feitos os tres "pequenos" traballos. ¡Noraboa!
¡Xa podes comezar a buscar información para o teu "gran" traballo...!
¡¡BOA SORTE, PEDRO!!