jueves, 14 de octubre de 2010

¿Por que se chama alas de sirena este blog?

Foi SERGIO (1º de bacharelato de humanidades) o primeiro -e o único- que fixo a pregunta pero ao mellor hai máis xente que o pensou (e se non o pensáchedes deberiades telo feito...).
Velaquí vai a resposta (a foto é pequeniña pero é a que atopei...):




DO YOU UNDERSTAND?


E se queres saber máis sobre as sereas gregas:


- As sereas gregas cantan en wikipedia.


- As sereas descritas por estudantes de cultura clásica de 4º da ESO.


- Sereas e un referente moderno.


Se alguén quere redactar unha entradiña sobre as sereas gregas e os seus peligrosos cantos, xa sabe que ten liberdade para facelo...Será un pracer lervos e comentarvos. E xa me adianto á pregunta:


¡¡NON!! ¡¡ESTE NON É UN TRABALLO OBRIGATORIO!!



El lituano


El lituano es una lengua que aun se habla. Se considera una de las lenguas indoeuropaes mas antiguas. En el s.XI se considera que nace el lituano aunque su idioma es muy anterior. Hay mas o menos 4 millones de personas que hablan lituano y nu se esta extinguiendo. El lituano se habla en los paises de Estados Unidos, Brasil, Canada, Rusia, Reino Unido e Irlanda entre otros.En EEUU, Brasil, Canada se habla muy poco esta lengua. No teinen otra linguas cooficiales y el grupo de lenguas indoeuropeas al que pertenece es al baltico. Hasta es s.XVI la literatura lituana es de poca importancia. Antes de esa epoca solo se conocia unos cuantos cantos populares de temas tristes como por ejemplo de muertes de familiares.

El italiano ;)



El italiano es una lengua que aun se habla actualmente ,lo hablan 62.000.000 de personas,es decir, hay italiano para rato xD.


El italiano se habla en : Italia y sus alrededores.


El italiano es una lengua romance.


En el territorio de la república italiana, se hablan no sólo lenguas romances , sino también lenguas germánicas,lenguas eslavas, griego y albanés.

Unas de las lenguas eslavas son :polaco,ruso esloveno,checo, eslovaco...



En italia hay buena literatura , algunos de sus conocidos autores son :


-Federico Frezzi, que escribió Dittamondo.


_Giovanni Florentinno, que escribiò Pecorone.


http://es.wikipedia.org/wiki/idioma_italiano



Yovana Campos :)
Débora Núñez :)

miércoles, 13 de octubre de 2010

3º cultura clásica/1 º bach: unha idea....

Como a anterior publicación fixo xurdir algunha dúbida e algún desacougo vou tentar organizar isto un pouco mellor. Resulta que tanto os de primeiro de bacharelato de humanidades como os de cultura clásica estades a traballar na mesma tarefa: descrición dunha lingua indoeuropea (o indoeuropeo e as linguas indoeuropeas é o primeiro tema do temario tanto de 1º bach. como de cultura clásica, aínda que, naturalmente, o nivel de profundidade é distinto).

Ocórreseme que podería ser unha boa idea unir forzas e facelo conxuntamente. Todos (bach. e cultura clásica) podedes escribir nun comentario na anterior entrada a lingua que ides estudar e así, entre todos, cubriremos unha boa parte do mapa lingüístico indoeuropeo. Por certo, Debora e Yovanna xa se vos adiantaron, así que o italiano xa está pillado...je,je,je...

Por outra banda, sería un bo xeito de incentivar a vosa colaboración: penso que sería ben interesante que viaxásemos conxuntamente ao mundo clásico e que os de primeiro leades aos de 3º e viceversa, que vos fagades comentarios (sempre respectuosos por favor; non quero ser pesado pero repito que se alguén infrinxe esta norma quedará inmediatamente "fóra de xogo"...)...

O que será diferente será a DATA LÍMITE de publicación:
- Os de cultura clásica tedes ata o martes que vén, incluído (dúas sesións máis de clase creo que son suficientes, sobre todo, tendo en conta que os que aproveitaron o tempo xa puideron comezar na sesión anterior...).
- Os de 1º de bach. tedes ata o vindeiro venres (día 22) porque comezamos máis tarde co blog e non vos podo deixar tanto tempo para traballar na aula de informática.
Manteño todo o demais que digo aquí abaixo:
- Todas as entradas teñen que ter, como mínimo, unha foto.
- Todas as entradas teñen que ter, como mínimo, un "link".
- E sede curiosos...¡¡Tedes moito onde escoller!!: polaco, irlandés, escocés, bretón, danés, alemán, lituano, búlgaro, ruso...
¿FACÉMOLO ASÍ?
¡¡SORTIÑA!!


3º Cultura clásica: máis cousiñas...


Bueno, xa estamos (case) todos metidos de cabeza no mundo das alas de sirena. Agora que xa tedes todos unha conta gmail e que editáchedes o voso perfil é tempo de que comecedes a escribir a vosa primeira entrada. Unhas precisións sobre o voso primeiro "pequeno" traballo...
- ¿QUE LINGUA ESCOLLO? Calquera lingua indoeuropea, a que máis vos chame a atención...Pero anímovos a que escollades algunha lingua que non coñezades xa...¡¡Sede un poquiño curiosos!! Imos facer unha cousa: para evitar que nos saian trece traballos sobre o galego/castelán/inglés ides poñer nun comentario a esta entrada a lingua sobre a que ides traballar para non repetirnos...
Outra posibilidade é escoller unha rama enteira -dentro da familia das linguas indoeuropeas- e falar un poquiño das distintas linguas que a integran (por exemplo as linguas eslavas: ruso, bielorruso, polaco...).
- En todas as entradas ten que haber (como mínimo) un ENLACE (un "link"). É moi doado...
- E tamén terá que haber (como mínimo) unha FOTO (ou máis). Por exemplo, podería ser a bandeira do país no que se fala a lingua que estades estudando, un monumento coñecido de ese país...
- Prazo: o martes que vén será a DATA LÍMITE para publicar este "traballo". Para o seguinte día, o xoves, proporeivos xa outra actividade ( será o SEGUNDO PEQUENO TRABALLO).

lunes, 11 de octubre de 2010

1º BACHARELATO. BENVIDA.

Sodes moi benvidos a este blog...
Sergio
Nerea
Raquel
Lily
Nela
Mercedes
Leticia
Nerea

PODEDES VOAR CON ALAS DE SIRENA...
...cando e onde queirades, non só nas horas de clase: nos recreos, nas horas libres, na casa, na casa da cultura... Só é necesario que teñades unha conexión a Internet e ganas de contactar co mundo clásico. Haberá algúns traballos "obrigatorios" pero o desexable é que entredes no blog libremente e que teñades craro que podedes escribir nel todo o que sexa do voso interés (seguro que tamén o será dos demais). Se escoitas na televisión algo relacionado co mundo clásico, se les algo chamativo no xornal, se escoitas unha canción na que se fale de algún mito...¡¡Compárteo¡¡ Todos estaremos encantados de lerche e comentarche.
¡¡Alas de sirena é o VOSO BLOG!!
PRIMEIRO, A FEDELLAR UN POUCO...
1. ¡Mira cantos blogs de tema clásico!
- Viam stratam..- Non te perdas este blog porque os rapaces de A Estrada tamén están aprendendo a ler latín e mirade o ben que o fan...
2.- E, por suposto, tamén temos "webs clásicas"...¿ou... que pensabas?
3.- Por certo, depois de facer un control de lectura do alfabeto grego, igual vos apetece escoitar...
...E DESPOIS, CREA UNHA CONTA GMAIL...
Se non a tes xa, naturalmente. Crear unha conta gmail é moi doado:
2. Fas click en gmail (está na parte superior...).
3. Agora en "crear una cuenta nueva"
4. Cubre os teus datos (con paciencia: ás veces o teu nome non está dispoñible...).
5. Cando remates xa terás a túa conta GMAIL.
6. Avísame para que che envíe a invitación para colaborar no blog.
De todos os xeitos, se tes algún problema este vídeo exprica o proceso moi craramente.
¡¡BOA SORTE NESTE CURSO!!
¡¡QUE OS DEUSES VOS SEXAN FAVORABLES!!