Sodes moi benvidos a este blog:
Yovanna David Luis PedroFrancisco Debora Heitor DanielManuel Raúl Paula Tamara MishellComo dixemos na aula, este ano adicarémonos a estudar os aspectos máis diversos do mundo clásico, do mundo grego e romano. Un pouquiño de latín, un poquiño de grego antigo, algo de historia e civilización e, sobre todo, moita mitoloxía...Falaremos de deuses e deusas, dos seus amores e das súas aventuras e desventuras e tamén da influencia da mitoloxía grecolatina na pintura, na escultura e na literatura de Europa.
Para adentrarnos nese apaixoante mundo que é a Antigüidade os ordeadores ofrécennos unha serie de instrumentos que nos van axudar a que esa viaxe cara o pasado sexa máis agradable e amena...¿Ou crías que os de cultura clásica non nos apuntabamos ás novas tecnoloxías? Pois craro que si.
ALAS DE SIRENA: O VOSO BLOG.
Este blog será o voso blog e poderedes entrar e escribir nel sempre e onde queirades: non só nas horas de cultura clásica senón tamén nos recreos, nas horas libres, no instituto, na casa da cultura... Sempre que teñades unha conexión a Internet e ganas de contactar co mundo clásico. Haberá algúns traballos "obrigatorios" pero o ideal sería que viñeses ao blog cando vexas ou leas algo relacionado co mundo clásico (nun xornal, nunha revista, na televisión...) sobre o que che apeteza escribir. ¡¡¡Compárteo!!! Seguro que os teus compañeiros, os seguidores deste blog e eu mesmo estaremos encantados de lerche e facerche comentarios. Só hai un par de límites:
1. O que escribas ten que estar máis ou menos relacionado co mundo clásico: historia, arte, arqueoloxía, mitoloxía...¡¡Tamén poden ser cousas máis sinxelas!! Por exemplo, unha canción do teu grupo favorito no que se faga alusión a algún mito, un cartel de algunha empresa cunha expresión en latín...
2. Moi importante. Teredes que respectarvos uns aos outros: polo tanto quedan totalmente prohibidos os comentarios ofensivos. Aquela persoa que incumpra esta norma queda inmediatamente "fóra de xogo".
3. Neste medio, como en calquera outro, hai que ter coidado coa expresión (dividide en parágrafos os vosos textos, empregade puntos e comas...) e coa ortografía (tranquilos, non serei moi duro...posto que estamos aquí para aprender pero...¡¡tede coidado!!).
Velaquí van algunhas cousiñas para que vaiades fedellando.
1. BLOGS.
-
Tras las huellas de los dioses.- Un magnífico blog sobre mitoloxía polo que van desfilando deuses e deusas, heroes...para pracer de todos os que disfrutamos con estas cousas. Mariel ademais enriquece os mitos cunha exquisita redacción e unha gracia na exposición á que é imposible non
engancharse. E o mellor de todo: Mariel, responsable do blog, non é unha profesora nin unha escritora profesional senón unha estudante de instituto, pouco maior ca vós. Este blog recibiu hai un par de cursos o
"Premio centauro de ouro" ao mellor blog de temática clásica creado e mantido por un alumno. Se te animas a lelo e seguilo, entederás o merecidísimo que foi o galardón.
-
Hijos de marte.- Da mesma autora pero esta vez adicado ao mundo romano. Iso sí, igualmente recomendable.
-
Viam Stratam.- Un blog no que dende hai xa tempo os alumnos de Álvaro investigan sobre todo tipo de temas. O ano pasado o magnífico traballo de estes rapaces de A Estrada foi recoñecido co "Centauro de ouro". ¡Felicidades! ¡Ben o teñen merecido polo seu magnífico traballo!
-
Aspasia.- Os alumnos de Melide tamén teñen blog e tamén nos regalan entradas interesantes.
-
El taller de Atenea.- Atenea era a deusa das artes e as entradas de este blog benefícianse da protección de esta deusa para acercarse con amenidade ao mundo antigo.
2.- WIKIS.
¿Sabedes que é un wiki? ¿Non? Pois botade un ollo por aquí...
-
Secretos de Argos.- Un magnífico dicionario de mitoloxía grecolatina realizado por...¡estudantes de cultura clásica! ¡Exactamente igual ca vós!
3.- WEBS CLÁSICAS.
-
http://www.elolimpo.com/: resolve con gran rapidez as túas dudas de mitoloxía. ¿Quen era...Edipo, Teseo, Perseo, Héctor, Aquiles? Pon o nome que buscas no buscador e inmediatamente atoparás unha información crara e concisa.
-
http://www.chironweb.org/: hai moi poucas materias que poidan presumir de ter un espazo tan completo como este. Se realmente che interesa o mundo clásico, aquí atoparás case todo o que te podas imaxinar:
vídeos,
blogs...
4.- E tamén temos...
O PRIMEIRO: CREAR UNHA CONTA GMAIL.
Hoxe abonda con que vos adiquedes a remexer un pouco por todos estes novos lugares que oxalá se acaben convertindo en habituais...
E tamén imos dar un primeiro paso na nosa viaxe dixital aos pasado. Un paso pequeno pero moi importante: crear un conta gmail. Isto abrirache un abano amplo de posibilidades e instrumentos: entre outras cousas vaiche permitir ser colaborador deste blog.
Crear un conta Gmail é moi doado:
2. Fas click en Gmail (está na parte superior...).
3. Agora en "crear una cuenta nueva ".
4. Cubre os teus datos (con paciencia: ás veces o teu nome non está dispoñible...).
5. Cando remates xa terás a túa conta GMAIL.
6. Avísame para que che envíe a invitación para colaborar no blog.
De todos os xeitos, se tes algún problema, este
vídeo expríca o proceso moi craramente.
¡¡BOA SORTE NESTE CURSO!!
¡¡QUE OS DEUSES VOS SEXAN FAVORABLES!!