miércoles, 4 de mayo de 2011

DICIONARIO "A PINGUELA CLÁSICA"

...Volvemos despois dun tempo de ausencia da blogosfera clásica, aínda que non, por suposto, do mundo clásico pois estivemos traballando duro e agora xa coñecemos ben aos deuses e deusas grecolatin@s, aos principais heroes, aos monstros...

Nesta terceira avaliación comezaremos un novo proxecto que consistirá na elaboración dun pequeno dicionario (en galego, como sabedes (?), escríbese "dicionario", mentres que en castelán escribimos "diccionario") de cultura clásica: "A PINGUELA CLÁSICA". Será "o voso dicionario" e nel recolleremos os principais conceptos que xa nos saíron e que nos seguirán saíndo nos nosos temas, lecturas, traballos...
Así pois...¡¡a traballar!!...Xa tedes nos vosos correos de gmail a invitación para participar no dicionario. Coma sempre, teredes que seguir o enlace e despois ir completando os pasos que se vos indican. Unha vez superado este "trámite" teredes que editar unha serie de palabras/conceptos/nomes...

Concretamente para esta sesión os vosos termos/nomes son:


1.- Raúl: Afrodita, Agamenón, alfa, Ares, Atamante.
2.- Luis: Bucéfalo, Bacanal, Basilisco, Béroe, Briseida.
3.- Manuel: Cancerbeiro, Caribdis, Cíclope, Circe, Clío.
4.- Francisco: Deméter, Dioniso, Dánae, Dédalo, Delfos.
5.- Débora: Eurípides, Eris, Eros, Escila, Esfinxe.
6.- Yovanna: fauno, feacios, filosofía, Faetón, Furias (=Erisnis)
7.- David: Ganimedes, Gracias, grifo, Graias, Gorgonas.
8.- Daniel: Hermes, Harmonía, Hera, Hades, Hidra.
9.- Pedro: Ifixenia, Ino, Ilión, Iris, Ítaca.
10.- Paula: Licaón, lotófagos, Leónidas, Lacio, Laoconte.
11.- Heitor: Ménades, Marte, Mentor, Mercurio, Minerva.

12.- Mishell: Neptuno, Nike, Narciso, Nausícaa, Néstor.
13.- Tamara: Olimpo, omofaxia, Olimpia, Orfeo, Orestes.


¿COMO TRABALLAREMOS NO DICIONARIO?


1.- O dicionario estará en galego. Como sabedes, tedes libertade para empregar no blogue, na aula, nos voso traballos galego ou castelán (¡¡viva o bilingüismo!!) pero penso que un dicionario bilingüe xa sería ir demasiado lonxe...


2.- As entradas serán máis breves que a entrada dun blogue, un "gran traballo" (xa me entendededes)...Podería ser ago así:
Zeus: en Roma, Xúpiter. Pai dos deuses e dos homes. É o deus máis importante do Olimpo. Está casado con Hera, deusa do matrimonio, que ademais de muller tamén era a súa irmá (pois os dous son fillos de Crono -Saturno, en Roma- e Rea). Os atributos de Zeus son o cetro e a aguia.


3.- Sempre que sexa posible engadiremos unfa foto para ilustrar o termo/nome/concepto.


4.- Por suposto, empregaremos "links" (=enlaces) sempre que sexa posible...



5.- Para que o resultado sexa uniforme empregaremos todos o mesmo tipo ("normal", é dicir, non tedes que cambiar nada...) e tamaño (Heading 3) de letra. O termo/ personaxe definido porémolo en verde.



6.- Aquí, coma no blogue, coma nos traballos, coma sempre...QUEDA COMPLETAMENTE PROHIBIDO COPIAR E PEGAR. Terás que resumir, sintetizar, redactar...¡¡Emprega as túas propias palabras!!. Por exemplo, se tes que falar dun deus e xa o coñeces (e así será posto que xa somos expert@s en deus@sÇ), aproveita esa información...



E AGORA....¡¡A TRABALLAR!!






















No hay comentarios: