miércoles, 11 de mayo de 2011

3º ESO: UN PASO MÁIS...

...O noso dicionario "A PINGUELA CLÁSICA" segue medrando pouco a pouco, con algún que outro problema inesperado (creo que xa están case todos solucionados) pero creo que se a "colaboración" segue funcionado ao final pode quedarvos un traballo bastante interesante.



1: PROBLEMAS (CREO QUE) SOLUCIONADOS


- O dicionario xa ten "portada" outra vez despois de que o martes, durante unhas horas, por algún misterioso enigma tecnolóxico a travesa letra "f" se quixese convertir en protagonista e aparecese subitamente na páxina inicial ("home").
- E a páxina do "f" tamén aparece onde ten que aparecer: estas letras son moi rebeldes pero seguro que podemos con elas...
- Na páxina de Heitor xa non aparecen tampouco uns códigos raros que aparecían o martes.



2: FOTOS E ÉTICA


Imos tentar traballar cun pouco de ética cando subamos as fotos. Para iso, en lugar de ir a "google" e subir o primeiro que apareza, faremos o seguinte: iremos a flickr, buscaremos unha foto cunha licencia "Creative commons" e cando a subamos faremos constar nunha lenda o nome do autor (como fixen eu en Zeus ou como fixo Luis con Baco).





3: IDEAS PARA MELLORAR.


- Coidado coa ortografía (por exemplo...).
- Seremos honestos e faremos constar o nome dos autores das fotos que atopemos en flickr (por exemplo...)
- Completaremos e melloraremos as nosas definición con enlaces (hai quen xa o fixo e hai quen non...).

- Brevedade, si, pero definir un deus/heroe/monstro grecorromano como "unha divinidade moi antiga" non é ir demasiado lonxe. ¡¡Un poquiño máis"" Por exemplo: Yovanna podía expricar o aspecto físico dos faunos, de quen era compañeiros, que era Sileno... - Quedáramos en que íamos empregar o galego e hai quen emprega o castelán e quen mestura as dúas linguas...


4: PARA OS QUE VAIAN REMATANDO.




Primeiro teredes que revisar os voso traballos e mellorar o que hai que mellorar, se é o caso. Despois, os que vaiades rematando, podedes comezar con..


- P: Penélope, Perseo, Pegaso, Posidón, Patroclo, Príamo, ...

- R: Rómulo, Rémulo, Roxana...

- S: Sémele, Sereas, Sileno...

- T: Tirso, Titáns, Titánides...

- U: Ulises, Urano...

- V: Vesta, vestal, Venus, Vulcano...


Nota bene: deixade un comentario os que comeces a traballar con estas palabras para organizarnos mellor.

¡¡A TRABALLAR...!!






































No hay comentarios: