lunes, 9 de mayo de 2011

3º ESO: SEGUIMOS...

...Continuamos co noso dicionario que xa botou a andar aínda que con alguna "normal e esperable" dificultade técnica que iremos resolvendo pouco a pouco...Hoxe tentaremos que xa todos comecedes a traballar. Pero antes aproveito para lembrarvos algunhas cousiñas.


1: "PEQUENOS TRABALLOS" - DIONISO



Entregaron as actividades: Raúl, Mishell, Manuel, Francisco, Paula, Pedro, Luis, Heitor, Débora, Yovanna.

Non entregaron as actividades: David, Tamara, Daniel


2: GRANDES TRABALLOS


+ Lembrade os que estivéches o xoves e sabede os que non viñéchedes que o "gran traballo" desta terceira valiación consistirá na lectura e "reseña" dun cómic.


+ Podedes presentar o traballo de dous xeitos:


- OPCIÓN A: mediante unha entrada no blogue da materia. A extensión será a habitual nunha entrada nun blogue (máis ou menos o equivalente a medio folio ou un folio por unha cara). Coma sempre, engade enlaces, se é posible, algunha foto...


- OPCIÓN B: en papel. A extensión mínima será de medio folio. A extensión máxima será de un folio por unha cara.



+ Nos dous casos terase moi en conta...


- A ortografía.
- A capacidade de síntese.

- O nivel de redacción.

- A orixinalidade.


+ A data límite para a entrega do traballo (nas dúas modalidades) remata o xoves 10 de xuño. Non se valorará ningún traballo despois desa data baixo ningunha circunstancia.


Nota bene: tedes que recoller os cómics os que aínda non os tedes; e os que xa os tedes lembrade anotarvos na lista (algúns non o fixereron o xoves). Concretamente xa están na lista Mishell, Heitor, Francisco, Yovanna, Débora, Raúl, Paula, Pedro e Manuel (polo tanto, teñen que anotarse Luis e David).


3: E AGORA A TRABALLAR...


...Lembrade: A PINGUELA CLÁSICA é o noso dicionario. Os que estivéchedes traballando podedes mellorar as vosas definicións con enlaces e fotos. E se alguén remata velaquí van algúns personaxes que xa están desexando entrar no noso pequeno espazo...




- P: Penélope, Perseo, Pegaso, Posidón, Patroclo, Príamo...


- R: Rómulo, Remo, Roxana...


- S: Sémele, Sereas, Sileno...


- T: Tirso, Titáns, Titánide...


- U: Ulises, Urano,...


- V: Vesta, Venus, Vulcano...

Nota bene: se alguén se anima que deixe un comentario para organizarnos mellor...


¡¡MOITO ÁNIMO!!

2 comentarios:

Magdalena dijo...

¡Qué gran idea! Ánimo con ese diccionario, puede ser una contribución muy interesante.El hecho de que los alumnos vayan elaborando su propio material es un incentivo para el aprendizaje.
Un saludo
Magdalena

Daniel Lagoa dijo...

Muchísimas gracias, Magdalena, por tus palabras de ánimo. Se las transmitiré a mis alumnos...Estoy completamente de acuerdo contigo en que es fundamental y muy beneficiosa la participación del alumnado: lo que uno elabora "se aprende mejor y con más ganas" y se recuerda durante más tiempo.
Un saludo.
Daniel.