viernes, 18 de diciembre de 2009

TIA XUANA E OUTROS MONSTROS FEMININOS NA MITOLOXÍA GREGA

Tia Xuana era un personaxe feminino que vive no desván e a súa misión é apartar os nenos de él. Vive na Ponte Nova, na casa de Caenllas, no desván con unha idade de polo menos douscentos anos. Os seus datos máis característicos son o pelo branco e un só dente na boca, o cal utilíza para roer todo canto atopa no desván e defeca nunha pota vella. Déitase nunha arca e tira con forza pola tapa hacia abaixo, para que ninguén poida abrila. Os nenos da casa non se atreven a subir alí por medo a que os coma.


Este personaxe ten un claro parecido con Orcavella, mesmo en detalles como en que son antropófagas e sepultanse a elas mesmas.



Ocavella caracterízase por ter un corpo maldito, o cal se atopa baixo unhas penas nun lugar esquecido, próximo a Fisterra,na Coruña. Posuía moitos poderes máxicos, como ser capaz de matar só coa mirada, ou simplemente rozando coa man calquera ser vivo, posuía o poder de facerse invisible ao seu antollo e,un parecido encotrado coa Tia Xuana, é que devoraba nenos.


Orcavella morreu con unha idade aproximada de cento setenta e seis anos, e deixou como testemuña da súa vida e da súa voracidade o despoboamento de medio reino de Galiza. Un dia, este personaxe, cansada de vivir, retirouse a aquel roquedal e excavou a súa propia sepultura valéndose da axuda dun pastor que tiña encantado, pero antes de cubrir o sepulcro cunha enorme lousa deu aínda unha mostra do seu desmesurado apetito sexual, espíndose, abrazándose ao pastor e meténdose na súa última morada deitada enriba del. Despois fixo caer a lousa sobre os dous corpos.


Pero Orcavella e Tia Xuana non son os únicos monstros femininos que se semellan, xa que as Harpías tamén eran raptoras de nenos e, por último, as Fórcides, que eran tres irmáns vellas de nacemento,tamén dispoñían de un só ollo e de un só dente que compartían.

2 comentarios:

Daniel Lagoa dijo...

Non sei vós pero eu estou realmente fascinado con estes parecidos tan sorprendentes entre mitoloxías tan alonxadas no espazo e no tempo; ás veces mesmo en cuestións de detalle... ¿Non é sorprendente que tanto a Tía Xuana como as Fórcides coincidan nun detalle como o feito de ter un só dente? E logo tanto Harpías, como a tía Xuana como a Orcavella eran devoradoras de nenos... Servían seguramente para meterle medo ós nenos...Algo parecido a aquilo de: "Aí ven o coco, o home do saco, o sacaúntos..." ¡Ó mellor os gregos dicían "aí veñen as Harpías...."! je,je,je. Moi bo traballo, Miriam. Felicidades polas túas boas notas. Segue traballando así. ¡¡¡¡Ánimo!!!!

rocío dijo...

Como veciña da tía Xuana teño que dicir que o primeiro que me sorprendeu desta historia e non ter noticia en absoluto da súa existencia. Unha vez prendido o interruptor da curiosidade, comecei a facer pesquisas dentro e fóra da miña familia e descubrín con asombro que, certamente, a tal Xuana vivía nas lembranzas do pobo, pero curiosamente só se lembraban dela os veciños que superaban os 45 ou 50 anos. Lémbrana como pouco máis que un nome que os aterraba cando eran rapaces. Como ben di Daniel, a tía Xuana era o "coco" da localidade, ese nome ó que os pais acudían cando querían poñer medo ós fillos desobedientes. Lamentablemente, a sona deste enxebre terror infantil vaise diluindo coas novas (e coas non tan novas) xeracións. Cando digo "lamentablemente" non é porque me guste a idea de pequerrechos tremendo de medo, senón porque estas historias forman parte da riqueza cultural dunha comunidade, e cada vez que se perde un destes pequenos tesouros, pérdese tamén algo da nosa propia identidade. Moitas gracias, Miriam, por rescatar este anaquiño da nosa cultura e amosarnos que hai un lazo invisible que nos ata a tempos remotos a través da conciencia do pobo.