lunes, 21 de diciembre de 2009

A Ilíada:Canto I


Quixera dicir que son un alumno de segundo de bach. e que é a miña primeira publicación destas características e espero que non resulte moi pesada, se alguén quere ler a Ilíada é esencial que revise a entrada publicada polo meu profesor, aínda que esa información xa nos foi explicada nas clases posteriores aos exames. Escribo isto como unha especie de resumo-explicación do primeiro canto da Ilíada:
Comeza a Ilíada con: "Canta, diosa, la cólera del Pelida Aquiles...". Con esta petición, o poeta expresa que é a deusa quen canta a través del, que ela é a súa musa, a fonte de inspiración. Esta frase tamén nos resume o argumento do primeiro canto ou primeiro libro, no que se expresa a cólera de Aquiles, cuxo valente e impulsivo carácter o levou a botar man da súa espada contra o propio Agamenón, o home máis poderoso naquel momento, que tiña poder sobre todos os reis de Grecia e se dirixira a Troia coa intención de expandir os seus dominios por todo o Exeo.
Retrocedendo un pouco na historia, que se nos presenta in medias res, explicarei o que provocou a famosa cólera do pelida.
Debemos situarnos en plena guerra de Troia, os gregos levan xa dez anos asediando a amurallada cidade e o sacerdote de Troia, Crises, diríxese ao campamento de Agamenón para implorarlle a liberación da súa filla Crseida,, a quen Agamenón tiña como cautiva de guerra e en cuxa devolución todos os atridas estaban de acordo menos o seu lider O orgulloso rei rechazou esa petición e "invitou" ao sacerdote a abandonar o seu campamento e regresar ao seu templo con estas palabras: "Que no te encuentre, anciano, o demorándote ahora o volviendo después, no sea que de nada te sirvan el cetro y las guirnaldas del dios. [...] Así pues, vete, no me enojes para que puedas volver sano y salvo". O humillado sacerdote regresou pola orilla do mar mentres suplicaba a Apolo que castigara a aquel ofensivo grego que tiña humillado daquel xeito ao seu servo, e o deus intercedeu en favor do seu sacerdote, creando unha plaga no campamento dos helenos. Ao décimo día en que a plaga asolaba o campamento grego, Aquiles convocou unha asamblea para poñerlle fin a aquela desgracia. O pelida decidiu consultar a un adiviño (cabe destacar a credibilidade da aviviñación en Grecia, onde os adiviños facian profecías sen posibilidade de erro, un exemplo de adiviñación moi consultado é o Oráculo de Delfos), neste caso, Aquiles pidiu a opinión de Calcante, un adiviño de moi boa reputación que só accedeu a pronosticar a verdade despois de que o valente heroe xurara protexelo de calquera que o quixera agredir debido ás súas afirmacións polo medo que tiña da posible reacción que podían causar.
O adiviño dixo o que todos tiñan por certo, afirmou que a culpa era do orgulloso Agamenón, quen provocou a furia de febo Apolo a causa da humillación do seu sacerdote ao non devolverlle a súa filla Criseida, mentres este acusou a Calcante de serlle inútil e de buscar sempre a súa desgraza
Despois de escoitar ao adiviño, Aquiles acusou a Agamenón de ser o responsable das desgracias que estaba a sufrir a armada grega e reclamoulle que devolvera a súa cautiva, pero o gran rei non estaba disposto a quedarse sen botin e reclamou a cautiva de Aquiles, Briseida, a cambio de liberar a Criseida. Este feito provocou a xa citada cólera no guerreiro, mais ca por amor, sufría unha ofensa á súa propia honra, ao ser privado do seu botín de guerra que dalgunha maneira representaba a súa valentía e os seus méritos no combate. É neste momento cando Aquiles, despois de intercambiar unhas desagradables palabras co monarca, bota a man na empuñadura da súa arma, pero antes de que o heroe a desenvainara apareceu Atenea, quen freou o brazo do feroz guerreiro como mandato de Hera. A deusa da sabedoría díxolle a Aquiles que non debería agredir a Agamenón, e despois desta intervención apareceu Néstor, que pola gracia de Apolo vivía os anos que corresponderían aos seus tios e tias que o mesmo deus xunto con Artemis tiña asesinado, Néstor é o prototipo de ancián sabio e prudente polo que reclama aos dous gregos enfrontados que sigan o seu sabio consello.
Logo desta asamblea o pelida retirouse á súa tenda e Agamenón mandou a Ulises, heroe prudente, sabio e con moita labia acompañar a Criseída xunto ao seu pai con un sacrificio co fin de calmar a furia de Apolo, e así sería. Liberada a filla de Crises, o gran rei enviou aos seus heraldos traer a Briseída, a cautiva de guerra de Aquiles. Este non ofreceu resistencia ningunha.
Aquiles, dolorido, estaba a chorar xunto aos barcos cando apareceu a súa nai, a deusa Tetis, a quen o heroe pidiu que intercedera por el ante Zeus a causa da humillación da que fora víctima ao ser privado do seu botín. Tetis aconséllalle que deixe de loitar e laméntase pola situación na que esta o seu fillo.
O último episodio deste libro consiste no encontro de Tetis con Zeus, e unha intervención de Hera. A nai do pelida roga a Zeus que axude ao seu desgraciado fillo abrazando o xeonllo do pai dos deuses e este, como símbolo de afirmación, asente coa cabeza, polo que a petición queda outorgada. Cando Tetis abandonaba a sala, aparece Hera, quen mostra o seu interese polos asuntos que estaba a tratar o seu home, pero Zeus non está disposto a compartir certas cousas con ela e amenázaa con estas palabras:"Si esto es así, será por que a mi me place. Con que siéntate en silencio y obedece mi consejo, no sea que de nada te vayan a servir cuantos dioses hay en el Olimpo cuando me acerque a tí y te ponga encima mis invencinles manos".
Esta peculiar discusión amósanos o que podería ser o papel da muller grega, subordidana ao home e posiblemente maltratada se rompe esa subordinación. E primeiro libro remata coa conversación de Hefesto, fillo de Hera, coa súa nai na que a consola.





(Tetis suplica a Zeus)

3 comentarios:

M Carmen dijo...

Benvido! Para nada me pareceu pesada esta entrada. É un bo resume dos acontecementos que explican o enfado de Aquiles, enfado que serve de excusa para compoñer esta obra maestra da literatura. Ademáis fas uns comentarios moi interesantes (acompañados das citas oportunas) que enriquecen a lectura do texto: a típica invocación épica ás Musas, o mundo do sacerdocio e da videncia, o trato ás mulleres, as relacións entre os xefes e heroes, o caso de Néstor...
Bo traballo, e que pases un bo Nadal!!

Daniel Lagoa Martínez dijo...

Bo traballo, Borja. Vexo que ó final atopaches unha nova foto, moi apropiada para ilustrar esa última escea de súplica de Tetis a Zeus...Creo que demostras ter ben lido e entendido o libro I,fías con habililidade as distintas partes do canto, fas referencia a aspectos que enriquecen a lectura do propio texto homérico, citas oportuna e correctamente...Oxalá que esta só sexa a primeira de moitas entradas. En diante este blog estará encantado de acoller calquera comentario, noticia ou reflexión sobre o mundo clásico que poda ser do teu interese. Felices Saturnais. Que os deuses che sexan propicios.

Angel dijo...

Realmente ben Borja, é unha gran síntese da Ilíada. Unha boa forma de saber con maior precisión se cadra o que nos vamos atopar cando nos metamos de cheo nesta obra. Bo traballo!!!