viernes, 12 de junio de 2009

Perseo


Era fillo de Zeus, metamorfoseado en chuvia de ouro, e de Dánae.

Acrisio, avó de Perseo, preguntoulle a un oráculo como podía ter fillos; o deus respondeulle que a súa filla Dánae tería un, e que sería o causante da súa morte. Acrisio, asustado por si se facía realidade o vaticinio construiu unha cámara subterránea e encerrou a súa filla. Zeus converteuse en chuvia e penetrou por unha fenda no teito e obtuvo o amor da xove.

Dánae puido dar a luz nesa cámara e estivo coidando do fillo uns meses ata que un día, cando o neno estaba xogando, foi escoitado polo avó. Cando Acrisio se enterou do ocorrido decidiu tirar ao mar a Dánae e a Perseo. Os náufragos foron recollidos por un pescador chamado Dictis, irmán do tirano da illa, Polidectes.

Un día, durante un banquete con todos os seus amigos, o tirano preguntoulle a Perseo que regalo tiña pensado facerlle. Todos coincidiron con que o regalo apropiado sería un cabalo. Ao día seguinte todos se presentaron con cabalo menos Perseo, que apareceu coas mans vacías. Entón como castigo Polidectes ordenoulle matar á gorgona Medusa, e se non o cumpría quedábase con Dánae.

Tras moitas paradas no camiño conseguiu chegar xunto as Gorgonas (Esteno, Euríale e Medusa). A única mortal delas era Medusa. Tiña o poder de convertir en pedra a aquel ao que mirase, pero coa axuda dun escudo que reflexou a súa propia mirada a que se convertiu en pedra foi ela, e aproveitando iso cortoulle a cabeza, da cal apareceu u cabalo alado Pegaso.

No hay comentarios: