viernes, 5 de junio de 2009

HELENISMOS CURIOSOS

Mausoleo: A palabra que nos sirve para designar o monumento funerario no que se depositan os féretros chegounos do latín Mausoleu(m) e este de Mausolo, rey de Caria, unha rexión do Sur de Asia Menor, actual Turquía, que viviu no século IV a. C. Este ordenou facer unha gran tumba para enterrarse a si mesmo e de ahí que hoxe en día designe un monumento funerario.



Morfina: Esta substancia usada en Medicina para provocar sono e calmar dolores debe o seu nome a Morfeo, deus grego e latino do sono, fillo da noite.



Sibarita: O termo que se usa para designar á persoa de gustos e costumbres moi refinados e luxosos vén de Síbaris, unha colonia grega, hoxe desaparecida, situada ó sur de Italia, na que os habitantes, é dicir, os sibaritas vivían rodeados de luxo.



Quimera: Chamamos así a un desexo que, anque a imaxinación o presente como alcanzable, a realidad confírmao como inaccesible. Este significado tómase dun ser montruoso da mitoloxía grega, chamado precisamnete Quimera, de aspecto difícilmente imaxinable, que, según a maior parte das versións, tiña cabeza de león, corpo de cabra e rabo de serpe.



Orquídea: As raíces desta planta están constituídas por dous bulbos simétricos. O seu nome, basado na similitude con ditos bulbos, provén do grego orkhis, "testículo".

No hay comentarios: