viernes, 8 de mayo de 2009

Monstros gregos

Harpías: As harpías son xenios alados. Represéntanse en forma de mulleres aladas, ou de aves con cabeza feminina e garras afiadas. As harpías son raptoras de nenos e de almas. A lenda na que máis destacan é na do rei Fineo, sobre o cal pesaba unha maldición na que as Harpías lle arrebataba os alimentos.


Sereas: As sereas son xenios mariños, metade muller, metade ave. Según a lenda máis antiga as Sereas vivían nunha isla do Mediterráneo e atraían aos navegantes coa súa música. Entón os barcos acercábanse peligrosamente á costa e zozobraban, e as Sereas devorábanos. Ao pasar por eses lares, Ulises, prudente e curioso mandou aos seus mariñeiros que se tapasen os oídos con cera e que o amarrasen ao mástil. Cando comezou a escoitar a voz das Sereas, Ulises sentiu un incontrolable desexo de ir cara a elas pero os seus compañeiros impedíronllo.



Esfinxe: Monstro feminino con cara de muller, peito, patas e rabo de león, que estaba previsto de ás coma unha ave de rapiña. A Esfinxe relaciónase sobre todo coa lenda de Edipo e co ciclo tebano. Este monstro foi enviado por Hera contra Tebas para castigar á cidade. Dende alí asolaba o país, devorando aos seres humanos que pasaban ao seu alcance. Sólo Edipo conseguiu responder, e o monstro, tirouse dende o alto da rocha e matouse. Tamén se afirmaba que Edipo o ferira coa súa lanza.




Quimera: A Quimera é un animal que ten algo de león. Ás veces dáselle unha parte traseira de serpe, con cabeza de león e busto de cabra, ou ten varias cabezas, unha de cabra e outra de león. Bota lume pola boca. O rei de Licia ordenoulle a Belerofonte que o matase e éste coa axuda do seu cabalo Pegaso conseguiu o seu obxectivo. Cóntase que na punta da súa lanza puxo un anaco de plomo e coa calor do lume despedido pola Quimera, o plomo derretiuse e matou ao monstro.



Erinias: As Erinias son unhas divinidades violentas que os romanos identificaron coas Furias. Naceron da sangre coa que se impregnou a Terra coa mutilación de Urano. Son forzas primitivas que non recoñecen a autoridade dos deuses da xeración nova. Nun principio o seu número é indeterminado pero máis tarde vaise precisando, así como os seus nomes: xeralmente coñécense tres: Alecto, Tisífone e Megera. Represéntanse como xenios alados, con serpes entremezcladas no seu cabelo e levando na súa man antorchas e látigos. É moi famoso o mito de Orestes (fillo de Agamenón e Clitemnestra) que vinga a morte de seu pai matando a súa nai, feito polo que as Erinias o persiguen ata que se volve tolo.

1 comentario:

Ana Ovando dijo...

El tamaño distinto es, probablemente, por haber copiado/pegado de un editor como word (arrastra código que blogger no sabe interpretar). Para arreglarlo hay que entrar en html y eliminar todo lo que no sea conocido, normalmente entre corchetes. Lo mejor para que no vuelva a ocurriros es redactar el texto directamente en el editor del blog o, como mucho, en texto plano (wordpad o bloc de notas). De todos modos, siempre se aprende de estas cosas y tampoco queda tan mal, es que las Erinias son muy, muy malas ;-)