Hola chamome Rocio,son alumna do centro I.E.S Perdouro de Burela.Metinme neste blog porque nos mandou o profesor de latín e grego que foi quen o fixo,nada a min non me gustan moitos os blogs pero e unha maneira de entretenerme jejeje
pois nada supoño que agora escribirei mais cousas por aqui,e nada eu escollin o bacherelato de humanidades porque me parece o mais sinxelo e quero acabalo canto antes para empezar co ciclo superior de educacion infantil e se non irme para lugo facelo,segun vaian as notas.
Bueno aqui vos deixo unha introduccion do que quero facer.
Bueno pois ata outro momento.
un biko
PLANO DA ACTIVIDADE (1º B./3 sesións)
Hace 16 años
3 comentarios:
Hola, Rocío. Oxalá que cando acabes o ano penses que o bacharelato humanístico, ademáis de ser o que -parece ser- ten sona de ser máis doado, é tamén un bacharelato interesante, que che pode axudar a mellorar moitas cousas (capacidade de lectura, expresión oral e escrita...). Tamén me gustaría que co paso do tempo estas alas de serea che consigan ilusionar coas súas viaxes por Olimpia, Atenas Delfos, Micenas, Lesbos, Creta, Roma, Pompeia... ¡Quen sabe! Ó mellor acabas convertíndote nunha gran colaboradora. Sortiña para o curso e para o teu futuro.
Moito ánimo neste comezo de curso, tanto para as alumnas como para o profe, que tamén o precisará!!
Seguireivos de cerca...
Graciñas polo ánimo, Mari, no meu nome e no das miñas alumnas. Espero que pronto vaiades coñecendo aos demáis, que estes días están de campamento. Son sete en grego de primeiro, seis en latín e dous (valentes) en grego 2 e latín 2. A ver se un día destes teño un momentiño e fago un entrada para presentalos como "dios manda", darlle a benvida a todos ó novo curso...Por certo, collémoche a palabra e esperamos que nos sigas e nos fagas moitos comentarios. Un saudiño dende Burela.
Publicar un comentario