A.- PRESENTACIÓNS.
Os traballos de cultura clásica quedan así repartidos:1.- Heitor: Os espectáculos no anfiteatro: gladiadores, naumaquias, venationes.
2.- Pedro: O circo e as carreiras.
3.- Francisco: O teatro na antigüidade.
4.- Raúl: As termas romanas.
5.- Paula: O exército romano. Os campamentos romanos.
6.- Débora: Festas romanas: Saturnais, Lupercais...
7.- Luis: As guerras púnicas: romanos contra cartaxineses.
8.- Yovana: Marco Antonio e Cleopatra contra Augusto.
9.- Manuel: O cristianismo no Imperio romano. As persecucións.
10.- Tamara: A fundación de Roma: Rómulo e Remo.
Faltan: David, Daniel, Mishell. Poden elixir entre:
- Urbanismo romano: estrutura das cidades e edificios públicos
- A vivenda dos romanos: tipos e partes principais.
- Obras de enxeñaría: murallas, acueductos e pontes.
- A Eneida: as aventuras de Eneas.
- A monarquía romana: lenda e historia. O rapto das sabinas. A traxedia de Lucrecia.
- Xullo César: xeneral, político e escritor.
- A dinastía Xullo-Claudia: Tiberio, Calígula, Claudio, Nerón.
- Os romanos no cinema: Quo vadis?, Espartaco, Ben-Hur, Gladiator.
B.- GRANDES TRABALLOS.
A data para entregar o "gran traballo" remata o vindeiro venres día 10 de xuño. Lembrade que hai dúas posibilidades:
- papel: un folio por unha cara.
- bitácora: unha entrada.
- bitácora: unha entrada.
De momento, só o fixeron Luis e Francisco.
C.- EXAME.
O vindeiro día 9 de xuno (xoves) faremos o noso "pequeno exame". Como sempre as preguntas serán sobre conceptos moi básicos: deuses gregos e romanos, principais heroes da mitoloxía antiga, a Ilíada, a Odisea, as linguas románicas, o concepto de lingua indoeuropea, relixión grega (sobre todo, Dioniso e os ritos dionisíacos)...
D.- DATAS: FIN DE CURSO.
- Presentación: tedes dous días máis para rematalas (é dicir, 2 e 7 de xuño).
- Exame: 9 de xuño.
- Data límite para o gran traballo: 10 de xuño.
- Despois do exame veremos unha película. (14, 16, 21)
5 comentarios:
A vivenda dos romanos: tipos e partes principais. eu elixo este traballo
Eu vou cambiar a Xullo Cesar
Vou facer o traballo de Delfos
vou traballar sobre o principe lirios .
vou facer un traballo sobre o ritón minoico de Creta
Publicar un comentario