1
1. Primeiro pequeno traballo: descrición dunha lingua indoeuropea.- Xa o fixo todo o mundo como podedes ver aquí.
2
2. Segundo pequeno traballo: cuestionario sobre o indoeuropeo e as linguas indoeuropeas.- Só falta, David. Veña, David, agora ou nunca: recorda que tes o cuestionario na túa conta gmail ou aquí. Lembra que non tes máis que descargar o documento, cubrilo e volver a envialo a este correo: alasdesirena@gmail.com
3
3. Terceiro pequeno traballo.- Só faltan David e Daniel. Os demais xa publicaron como podedes ver aquí...Quedan por facer: Xacinto e Cipariso. ¡Adiante! Son dous mitos ben interesantes...
4
4. Cuarto pequeno traballo: cuestionario sobre os sistemas de escritura.- Non o entregaron Luis, Mishell e David.
5
5.- Grandes traballos.- Están adxudicados os seguintes traballos.
- Manuel: Os traballos de Hércules.
- Heitor: Monstros na mitoloxía grecorromana.
- Débora: amores de Apolo.
- Yovana: Ulises y Penélope.
- Tamara: o rapto de Perséfone.
- Luis: aventuras de Perseo (¡¡Luis, o que hai que facer é unha presentación con powerpoint, non unha entrada no blogue...!!).
- Raúl: xabarín de Calidón.
- Francisco: Jasón y Medea.
- Mishell: Diana y Acteón.
Quedan sen adxudicar:
- Eros e Psique.
- Orfeo e Eurídice.
- Zeus e Europa.
- Píramo e Tisbe.
- Teseo e o Minotauro.
- Os "condeados" na mitoloxía grega: sísifo, Danaides, Tántalo e Ixión.
- Venus e Adonis.
Así que, os que faltades (Paula, Pedro, Daniel e David) deixade un comentario por aquí dicindo o tema que preferides e sobre o que ides traballar (se xa o deixáchedes na aula, volvedes a poñelo por aquí para maior craridade...).
6: CALENDARIO "CLÁSICO".
EXAME: martes, 30 de novembro.
PEQUENOS TRABALLOS: todos os pequenos traballos teñen que estar feitos/ publicados / entregados antes da data do exame. Non se valorará ningún traballo despois desa data.
GRANDES TRABALLOS: as exposicións na aula serán o xoves día 2 de decembro (é dicir, o xoves despois do exame), o xoves día 9 de decembro e, se nos fai falta, o martes 14 de decembro.
7
E, por último, recordade que podesdes ver os criterios de avaliación da materia de cultura clásica aquí...
¡¡E agora...a traballar!!
¡¡TEMPUS FUGIT!!
1 comentario:
eu xa tiña escollido na aula "zeus e europa"
Publicar un comentario