O día de hoxe imos adicalo a publicar o primeiro "pequeno" traballo que aínda temos pendente e a seguir familiarizándonos un pouco co funcionamento do blog (subir fotos, facer "links", publicar...).
Mentres, os que xa ides un paso por diante e xa publicáchedes a vosa entrada (nalgúns casos máis de unha...) podedes ir facendo este pequeno traballiño. É moi sinxelo e penso que vos vai resultar entretido. Simplemente teriades que buscar información e falarnos un pouco a todos de algún de estes personaxes mitolóxicos:
1. Perseo.
2. Minos.
3. Nereo e as Nereidas.
4. Ménades.
5. Aquiles.
6. Clitemnestra.
7. Helena de Esparta.
8. Penélope.
COMO SEMPRE:
- O primeiro: deixa un comentario para que todos sepamos o mito/personaxe que vas describir...
- Busca algunha foto relacionada co personaxe preferido...
- Procura que na túa entrada haxa "links" a páxinas nas que os lectores poidan contrastar ou completar a información...
- Resume, sintetiza, tenta que a túa presentación sexa divertida, interesante, orixinal...E, se o consigues, o primeiro premio será o interese e os comentarios dos teus compañeiros, dos lectores do blog...Así que...¡ánimo!
DATA LÍMITE.
Se vos parece ben a data límite podería ser o vindeiro xoves día 21. O ideal sería que para alá xa a teña todo o mundo feita e así poderíamos adicar a hora a outra cousiña, por exemplo, aprender a escribir no ordeador co alfabeto grego (con espíritus, acentos...).
¡¡E AGORA...A TRABALLAR!!
7 comentarios:
Yo me pido nereo e as nereidas sino os importa!! un besito=)
yo a Penélope ;)
yo aquiles
Perseo
Minos
yo a Helena de Esparta
Francisco
yo hablare de aquiles
Publicar un comentario